Éxito de 'A Nosa Champions' no seu paso por Abegondo
A Cidade Deportiva de Abegondo foi a sede este domingo 20 de abril da segunda xornada de 'A Nosa Champions', unha nova competición de fútbol inclusivo creada pola Federación Galega de Fútbol.
A Fundación RC Deportivo foi, con gran éxito, a organizadora desta nova xornada de convivencia e fútbol, coa participación do Dépor Genuine, Racing de Ferrol, SR Calo A, SR Calo B, Racing Villalbés e Celta Integra.
A única nota negativa foi a persistente choiva durante practicamente todos os partidos aínda que todos os equipos gozaron de xeito abondo da mañá de deporte.
Os Nosos quedaron encadrados no grupo A, co Racing de Ferrol e o SR Calo A.
Os resultados do Dépor Genuine foron os seguintes:
Fase de grupos DÉPOR GENUINE 6 (Miguel -2-, Alonso -2-, Javi Martínez e Juan Madaria) - RACING DE FERROL 0 SR CALO A 3 - DÉPOR GENUINE 6 (Miguel -3- e Alonso -3-)
Partido final DÉPOR GENUINE 0 - CELTA INTEGRA 3
'A Nosa Champions' non ten afán competitivo e o seu obxectivo é que persoas con discapacidade intelectual poidan xogar ao fútbol e gozar dunha xornada de deporte e convivencia.
O pasado 24 de marzo, o Dépor Genuine participou na primeira sede en Calo.