RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Fadesa, novo patrocinador do Deportivo

O Grupo Inmobiliario Fadesa, con sede na Coruña, será a firma que esponsorizará ao Deportivo da Coruña na campaña que hoxe comezou para os deportivistas.

Esa foi a gran sorpresa da tarde, antes da disputa do encontro, cando Riazor puido ver a publicidade que o conxunto branquiazul lucirá nas súas camisetas nos equipos das distintas categorías e no material deportivo de competición e de adestramento.

O Consello de Administración do Deportivo e representantes do Grupo Inmobiliario presentaron os equipamentos co novo patrocinador media hora antes de comezar o partido. Fadesa sponsorizará ao Deportivo esta tempada e a próxima.