A marca de leite FEIRACO volve ás camisetas da vestimenta do club deportivista. Vinte e catro anos despois de protagonizar a camiseta branquiazul do Real Club Deportivo durante oito temporadas inesquecibles para os coruñeses, FEIRACO regresa ao equipamento deportivista para esta temporada 2024-2025.
No partido da xornada 3ª de LaLiga Hypermotion que se celebra o domingo 1 de setembro, o RC Deportivo xoga en Riazor contra o Racing Ferrol, os de ABANCA-RIAZOR estrearán as camisetas co logo de FEIRACO, desta volta non na fronte da camiseta, senón na parte traseira, xusto encima do nome dos xogadores.
Máis dun "LEITE" no RC Deportivo
A comunicación deste patrocinio realizouse nun simpático vídeo moi compartido en redes sociais e coa complicidade dunha das últimas fichaxes do RC Deportivo: o porteiro brasileiro Helton Leite. Na peza audiovisual o porteiro aparece coa camiseta na que se lle o seu apelido "LEITE". Mentres todos os espectadores pensan que se está falando de Helton, o vídeo desvela que no RC Deportivo, agora hai máis dun "leite", desvelando finalmente o logotipo FEIRACO encima do apelido do xogador.
Un regreso moi esperado
A afección deportivista ten demostrada a súa devoción polo combo FEIRACO-RC Deportivo en moitas ocasións. Unha das últimas foi coa edición limitada da camiseta do Dépor verde co logotipo FEIRACO que provocou longas filas na Deportienda e esgotáronse en cuestión de días.
As mostras de apoio ao regreso desta marca á vestimenta do equipo coruñés faise notar con cada oportunidade en redes sociais, onde se recollen miles de publicacións (algunhas moi enxeñosas) e peticións para que FEIRACO regrese como patrocinador. Unha comunidade que seguro celebrará que a marca de leite de cooperativa regrese ás camisetas como un dos patrocinadores premiums.
Sobre FEIRACO
FEIRACO é unha das marcas de leite máis comercializadas e coñecidas de Galicia. O seu leite é 100% galega e procede directamente das gandarías socias da cooperativa, é dicir, é un leite sen intermediarios.
Os inicios de Feiraco remóntanse a 1968 cando 400 gandeiros do val de Barcala, unha zona deprimida do interior da provincia da Coruña, decidiron contribuír activamente ao desenvolvimiento económico e social da comarca. Ao longo da historia da cooperativa, máis de 10.000 socios formaron parte da familia Feiraco.
Hoxe en día forma parte da cooperativa rural galega CLUN, a maior cooperativa láctea de Galicia. Con sede en Ames, A Coruña, produce, recolle e comercializa leite de vaca e produtos derivados procedentes unicamente de granxas dos socios gandeiros, a quen garante todos os servizos necesarios para que leven a cabo a súa actividade. CLUN, fundada en 2017, é o resultado da unión de tres cooperativas gandeiras orixinais: Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto.
FEIRACO e o RC Deportivo
FEIRACO convértese en patrocinador principal do RC Deportivo na temporada 1992-1993, protagonizando desde aquela a camiseta branquiazul durante oito temporadas consecutivas.
Neste período 1992-2000 de convivencia FEIRACO e o RC Deportivo o club coruñés pasou a ser coñecido como: o 'Superdepor', con figuras do fútbol que pasaron á historia como Bebeto, Mauro Silva ou Djaminha e con adestradores tan queridos como Arsenio Iglesias ou como Javier Irureta. Alcanzáronse tamén importantes títulos como a Copa del Rey (1995) ou campións de Liga (99-00).