RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Fernando Soriano: "O proxecto deste Club é afianzar Abegondo, crecer desde as nosas bases"

Fernando Soriano compareceu ante os medios para repasar o mercado de fichaxes recentemente finalizado.

Así, explica que o cadro "é de 23 xogadores, 20 xogadores de campo e 3 porteiros. Unha planificación e un cadro máis curto que o ano pasado. A experiencia dun ano con moitos xogadores fainos o poder ter máis seguridade á hora de afrontar un cadro máis curto. Tamén ver o rendemento que está a dar ANOSACANTEIRA facíanos ser moito máis optimistas na súa participación".

Nesta liña, recalca que "dos 23 xogadores 6 son canteiráns. Máis do 25% do noso cadro pasou mínimo 2 anos en formación en Abegondo. A idade media é de 26 e medio, un pouquiño máis novo que a temporada pasada".

Apunta que "estamos satisfeitos porque conformamos un cadro na que o adestrador pode dispor de diferentes sistemas, de diferentes modelos de xogos, de diferentes condicións que moitas veces, o rival, as condicións, as lesións pódenche facer cambiar. E nese sentido estamos bastante completos en calquera situación que queira elixir o adestrador".

O Director de Fútbol do RC Deportivo lembra que "todos os días 3 ou 4 xogadores están a realizar os adestramentos co equipo, que é importante porque un dos plans importantes do proxecto é Abegondo".

Engade que realizamos 9 fichaxes máis Jairo. É certo que Jairo en ningún momento estivo no equipo. Catro son cesións: Bachmann, Mulattieri, Stoichkov e Gragera. E 5 son fichaxes: Luismi, Loureiro, Arnau, Noubi e Quagliata, máis Jairo".

Tamén indica que "realizamos un número de cesións importantes, todas elas pensando no crecemento dos xogadores. Se quixésemos buscar o rendemento do Fabril ou ter unha serie de rendemento en canteira seriamos un pouco máis egoístas; e estamos centrados en buscar a formación e o crecemento deses xogadores que nos poidan dar un crecemento maior e un mellor resultado para temporadas posteriores, como foi o ano pasado Diego Gómez ou Rubén López".

Finalmente subruya "unha serie de saídas, algunhas con traspasos, outras con cesións ou rescisións".

Conclúe que "o inconformismo e a autocrítica é máxima, que isto non para, que buscamos sempre o ter competencia e competitividade en todas as áreas, empezando co adestrador, que xa podedes ver a esixencia que mete no día a día. O inconformismo que temos e a autocrítica de anos anteriores fainos tentar solucionar os problemas que cometemos noutras temporadas".

Fernando Soriano insiste en que "se está deixando moi claro cal é o proxecto de club, á parte da seriedade, da confianza, do sostén que está a xerar o compromiso que hai por parte do Presidente, en crear uns cimentos moi fortes. Abegondo é unha parte primordial en todo iso".

Así, "o proxecto deste Club é afianzar Abegondo, crecer desde as nosas bases" e asegura que "confiamos plenamente na xente que vén apertando desde abaixo e na que temos cedida fóra para que siga formándose. E ese é o camiño que eliximos".