RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Fernando Vázquez toma os mandos do Dépor

Fernando Vázquez tomou os mandos do primeiro cadro branquiazul esta mañá en Abegondo. Fíxoo con expectación mediática e acirrado por unha trintena de afeccionados que se achegaron á Cidade Deportiva, algún até con pancarta de benvida: "Loitamos por ti e aquí estás!!! Querémoste Fernando".

Acompañado polo preparador físico Manuel Pombo, o técnico deportivista reuniuse cos futbolistas no vestiario por espazo de case 40 minutos, e dirixiu a continuación a súa primeira sesión no campo 2.

Após un quecemento, os xogadores, hoxe cos fabrilistas Boian e Mujaid, realizaron rondos, un exercicio de finalizacións e, por grupos, progresións e unha serie de partidos en espazo reducido.

Adestráronse á marxe do grupo Gaku, David Simón e Borja Valle, este a consecuencia dunha contusión nasal que sufriu onte.

Mañá martes, 31 de decembro, o Dépor despedirá 2019 cun adestramento ás 11:00 horas en Abegondo. Antes, ás 9:30, o cadro reunirase para almorzar nas instalacións habilitadas para tal fin.