RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Festa en Riazor e triunfo branquiazul sobre o Real Madrid

O Deportivo foi fiel á tradición e impúxose esta noite (1-0) ao Real Madrid nun abarrotado Estadio de Riazor. Con esta vitoria, o Deportivo suma 34 puntos e ascende ata a decimosegunda posición, iso sí cun partido más que boa p

Lotina repetiu o once que leva números de Liga de Campións na segunda volta da competición. O propio Presidente, Augusto César Lendoiro, advertiu que de xogarse co sistema arxentino, o Deportivo estaría a pelexar polo título. O partido estivo moi parello. Durante a primeira metade, o Deportivo cedeulle o dominio territorial ao Real Madrid, pero os brancos foron incapaces de tirar entre o tres paus, grazas en parte ao fenomenal traballo deportivista e ao esforzo de todos os seus homes, empezando por Xisco.

A mellor ocasión do primeiros corenta e cinco minutos foi para o internacional sueco Wilhelmsson, un dos destacados do partido, que xutou ás mans de Casillas tras unha gran xogada de Lafita pola liña de fondo.

Tras o descanso seguiu a mesma tónica, dominio territorial merengue e repregamento ordenado do Deportivo. No entanto, si foi o equipo de Lotina o que creou as mellores ocasións. O gol, único do partido, chegou no minuto 62 tras unha gran xogada de Filipe, cuxo centro tocouno Pepe involuntariamente á rede. A partir de aquí, Schuster sacou a súa artillaría pesada, con Robinho, Baptista e Higuain. Pero foi o Dépor o que gozou das mellores ocasións, polo menos das máis claras.

Por exemplo a de Filipe. Corrían os últimos minutos. Wilhelmsson fai unha gran xogada pola banda dereita e, tras regatear a varios defensores madridistas deixa o balón alén en bandexa a Filipe. O lateral deportivista se emborracha de balón e, en posición franca de disparo, lanza un chute demasiado alto.

Ao Dépor bastoulle oficio, sacrificio e unha boa dose de traballo para frear a un Real Madrid que suma 17 anos sen gañar na Coruña e que hoxe se marcha de Riazor sen xutar a portaría.