RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Figueres 0 -Deportivo 1<br>Decidirase en Riazor

O Deportivo gañou ao Figueres por cero a un no partido de ida de semifinais da Copa do Rei. O resultado, positivo para os branquiazuis -hoxe de roxinegro- , pon a eliminatoria un pouquiño máis preto do Deportivo, aínda que o pase á final decidirase en Ria

Un gran gol de Tristán de tacón a pase de Scaloni no minuto 6 do encontro encarrilou o partido para o Deportivo ante un Figueres con moitísimas ganas arroupado polo seu público. Os coruñeses tiveron ocasións de sentenciar a eliminatoria, tanto nas botas de Capdevila, Tristán -que no segundo tempo estrelou un balón no pau- , Amavisca ou Djalminha, pero o marcador non sufriu variacións desde o tanto do sevillano. Os locais defenderon moi ben e puxéronllo difícil á dianteira deportivista. Ademais, os de Gratacós non renunciaron ás contras, algunhas de moitísimo perigo, buscando polo menos igualar a contenda.

Pero nin uns nin outros lograron anotar. O Deportivo tivo o dominio do esférico, pero o pulo local fixo que a defensa deportivista tamén tivese que esmerarse en varias ocasións. Ao final, vitoria do Deportivo pola mínima que deixa a eliminatoria pendente de resolución no encontro de volta en Riazor.

O grupo desprazado a Figueres adestrará no Hotel de concentración este venres pola mañá. O resto do persoal fará o mesmo en Riazor a partir das 10 da mañá. Despois, os que determine o técnico uniranse ao grupo en Bilbao, xa pola tarde, para preparar o encontro do domingo en San Mamés.

O Figueres formou de inicio con Caballero, Fernando, Ruano, Serra, Salas, Pagés, Algar, Freixa, Pena, Arnau e Juli.

O Deportivo saltou ao terreo de xogo con Nuno, Héctor, César, Djorovic, Capdevila, Duscher, Emerson, Scaloni, Amavisca, Djalminha e Diego Tristán. Nos últimos minutos entraron José Manuel, Valerón e Makaay por Scaloni, Djalma e Tristán respectivamente.