RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fin de semana de descanso para o Dépor ABANCA, que volve o luns aos adestramentos

O Deportivo ABANCA gozará dunha fin de semana de descanso debido ao parón ligueiro en Reto Iberdrola. "Vainos a vir ben para desconectar e para volver o luns con máis ganas que nunca pensando na fin de semana contra o Racing Féminas", manifestou respecto diso Jone Ibáñez na sala de prensa.

As branquiazuis puxeron hoxe venres o punto e final a esta semana de traballo cun último adestramento matinal na Cidade Deportiva. Faltou Ainhoa Marín, concentrada coa Selección Española Absoluta Promesas (sub-23) para un partido amigable este luns 29 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) ante Noruega.

Miguel Llorente citou de novo ao seu cadro o luns 29 de novembro ás 17:00 en Abegondo para comezar a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Racing Féminas prevista para o domingo 5 de novembro ás 12:30 no Municipal de Santa Ana en Torrelavega, correspondente á 11ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.