RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Fixadas as datas para os partidos aprazados do Fabril ante CSD Arzúa e Silva SD

O Xuíz de Competición da Federación Galega de Fútbol estableceu as datas para a celebración dos dous partidos que o Fabril ten aprazados debido á pandemia de COVID-19 no subgrupo A da Terceira División.

Así, o partido do filial deportivista en Arzúa ante o CSD Arzúa (xornada 15ª) xogarase o domingo 21 de febreiro.

O mércores 24 de febreiro ás 19:30 en Abegondo, o conxunto que prepara Juan Carlos Valerón recibirá ao Silva SD (xornada 14ª).

Todo iso fai que haxa unha modificación das datas do calendario, que queda da seguinte forma:

28 de febreiro: FABRIL - BERGANTIÑOS FC (xornada 18ª)
7 de marzo: POLVORÍN FC - FABRIL (xornada 19ª)
14 de marzo: A. ESTUDANTIL - FABRIL (xornada 20ª)
21 de de marzo: FABRIL - SD FISTERRA (xornada 21ª)
28 de marzo: VIVEIRO CF - FABRIL (xornada 22ª)

Antes de todo, o filial deportivista visita ao UD Paiosaco H. Añón, hoxe mércores (20:00 horas) na Porta Santa (Paiosaco).

Juan Carlos Valerón citou aos seguintes xogadores: Alberto, Pablo Brea, Isra, Iván Guerrero, David Suárez, Yuste, Prendes, Juan Rodríguez, Guedes, Barba, Kanouté, Manu Mosquera, Boedo, Javi Sánchez, Pescador, Álex, Juan Cambón, Adri Castro; ademais dos xuvenís Guille Bueno e Yeremay.

O Fabril, con catro partidos menos, ten 21 puntos e é provisionalmente quinto na táboa. A terceira praza está a seis puntos, agora ocupada por un Polvorín FC que ten 27 puntos e dous encontros menos.