RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Foto dos nenos de Oza, Zas, Oroso e Vilasantar coa Copa do Rei

Os nenos dos concellos de Oza dos Ríos, Zas, Oroso e Vilasantar que participan na quenda desta semana do Campus de Fútbol 2002, organizado polo Deportivo e patrocinado pola Deputación da Coruña, visitaron esta mañá o Estadio de Riazor e a Cidade Deportiva

O bo tempo permitiu que os nenos puidesen fotografarse no céspede de Riazor coa Copa do Rei lograda polo Deportivo o seis de marzo no Bernabeu. Os mozos mostráronse encantados coa súa visita ás instalacións branquiazuis, á Praia Club, ao interior do Estadio, á Cidade Deportiva e co seu achegamento á historia do Deportivo.

Ademais, os nenos da quenda desta semana do Campus da Deputación, a última quenda deste verán, asistirán ás dúas semifinais do Teresa Herrera, o xoves entre Deportivo e Nacional e o venres entre Cruz Azul e Atlético de Madrid.