RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso: "Ímonos coas sensacións de que este é o modelo a seguir"

Fran Alonso subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, após o encontro de Copa de la Reina ante a Real Sociedad, que "nos imos coas sensacións de que este é o modelo a seguir" e asegura que "estamos cómodas, sentimos a gusto sendo así tan agresivas, sobre todo en ABANCA-RIAZOR".

Recalca que a temporada en casa "é moi boa. Unha pena hoxe (por onte) pero levabamos tendo bos resultados, boas sensacións".

Cre que ante a Real Sociedad "estivemos moi agresivas, estivemos moitísimo tempo en campo dun rival que está en postos Champions, tivemos as nosas ocasións. Con 2-1 houbo unha clarísima cun paradón da porteira. Estivemos no partido".

Lamentouse por "non poder facerlles máis dano e que o resultado sexa así; pero resaltamos o que fixemos ben, o que temos que corrixir".

O técnico deportista cre que as futbolistas "traballaron moito. É momento de que vea ás familias, de que descansen e de que veñan coas enerxías renovadas para unha segunda volta na que temos confianza que o equipo vai crecer".