Fran Alonso subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que "o que máis nos enorgullece é xogar en ABANCA-RIAZOR e ver o estadio o máis cheo posible. O ano pasado contra o Sevilla FC, un dos partidos que mellor entrada houbo, foi espectacular".
Cualifica o encontro ante o Real Madrid CF deste domingo 1 de febreiro ás 12:00 (Dazn) como "dificilísimo. Gañar sería unha proeza. Pediría a todo o deportivismo que veña vernos, a apoiarnos. Non lle imos a fallar, ímolo a dar todo".
Desexa o técnico deportivista que "se poida producir a proeza e ao final do partido celebrar xuntos, equipo e #ANOSAFORZA, os 3 puntos".
Finalmente, do Real Madrid CF advirte que "vén entre dúas competicións, a Supercopa e a Copa de la Reina. Ten un cadro moi amplo, de moita calidade. Xogue quen xogue ten futbolistas de primeiro nivel".
Cualifica ao conxunto branco como "un dos mellores equipos de Europa así que me espero un partido dificilísimo".
A pesar diso, lembra que "este ano demos unha moi boa versión en ABANCA-RIAZOR. Só perdemos 1 partido e estivemos moi preto de empatalo ou mesmo gañalo. Mostrámonos moi serias en casa, competimos moi ben".
