Fran traballou hoxe en solitario no Mundo do Fútbol
Esta mañá, co equipo viaxando en avión desde Bilbao ao
Aeroporto da Coruña, o capitán Fran exercitouse en solitario en 'O Mundo
do Fútbol'.
O interior zurdo deportivista sufriu unha escordadura na cápsula
posterior dun nocello nos primeiros minutos do encontro que enfrontou o
pasado 23 de xaneiro en Riazor ao Deportivo e ao Espanyol. Este fin de semana non
viaxou co resto de convocados a Pamplona pero apura a súa recuperación para esta semana
traballar con normalidade cos seus compañeiros.