RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Francisca Lara regresa á Coruña cun triunfo con Chile sobre Haití

-Foto:@https://x.com/LaRoja

 

Francisca Lara viaxou a Chile con motivo de dous amigables ante Haití.

O segundo deles foi este martes 8 de abril ás 10:00 no Complexo Deportivo Juan Pinto Durán, instalación da Federación Chilena de Fútbol.

Gañou o combinado da futbolista branquiazul por 2-1, que se reencontrou así coa vitoria despois de 4 partidos consecutivos sen gañar.

O primeiro dos amigables tivo lugar a madrugada do venres 4 ao sábado 5 en Galicia no Estadio Bicentenario de La Florida.

Caeron as chilenas (0-1) nun choque que a xogadora do Dépor ABANCA arrincou no banco.

No minuto 64, Francisca Lara saltou ao céspede e disputou así o último tramo.

Os resultados de Chile foron os seguintes:

Sábado 5 de abril
CHILE 0 - HAITÍ 1

Martes 8 de abril
CHILE 2 - HAITÍ 1