RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Fútbol en Abegondo e remo pola ría da Coruña para As Nosas en colaboración co Club de Regatas Salgado Perillo 

As Nosas arrincaron hoxe martes unha nova semana de traballo a pesar de que a competición oficial xa concluíu co obxectivo do ascenso á liga F cumprido.

O equipo realizará 3 sesións matinais na Cidade Deportiva, con ximnasio previo antes de saltar ao céspede hoxe martes e o venres.

Iso si, mañá mércores 8 de maio está previsto un paréntese, posto que o Dépor ABANCA cambiará os balóns e as porterías por unha actividade en colaboración co Club de Regatas Salgado Perillo.

A partir das 11:00 horas, as futbolistas branquiazuis recibirán en primeiro lugar nas instalacións en terra do Club en Santa Cristina (Perillo, Oleiros) unha mini clase práctica de remo a cargo dos adestradores. A continuación tocará baixar entre todos a traiñeira ao auga antes de saír a remar pola Ría da Coruña e practicar un deporte moi completo.

O obxectivo é "unha toma de contacto co mundo da traiñeira", explica Raquel Armesto, Presidenta do Club de Regatas Salgado Perillo. "Non vai ser un esforzo brutal. É algo que poden facer facilmente. O que máis se vai a traballar é a coordinación pero a nivel físico non vai custar nada", engadiu.

Así pois, a planificación semanal do Dépor ABANCA queda así:

Martes 7 de maio
11:00 h., Abegondo

Mércores 8 de maio
11:00 h. actividade de remo en Santa Cristina (Perillo, Oleiros)

Xoves 9 de maio
11:00 h., Abegondo

Venres 10 de maio
11:00 h., Abegondo

Sábado 11 de maio
Descanso

Domingo 12 de maio
Descanso