RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Gaby, primeira xogadora en alcanzar os 100 partidos oficiais co Dépor ABANCA

A venezolana Gaby García converteuse esta mañá en Badaxoz na primeira futbolista do Deportivo ABANCA en alcanzar a centena de partidos en competicións nacionais.

Gaby incorporouse ao Dépor ABANCA fai case catro anos, en febreiro de 2017. O seu debut produciuse o 11 de febreiro de 2017 en partido ligueiro fronte ao CD Monte. Desde entón converteuse nunha peza indispensable no esquema de Manu Sánchez, primeiro como dianteira e máis adiante como centrocampista.

Nestes case catro anos, a venezolana disputou 37 partidos en Primera Iberdrola, 57 en Segunda División Nacional, 4 na promoción de ascenso á máxima categoría e 2 en Copa da Raíña.

Do mesmo xeito, Cris Martínez alcanzou hoxe os 97 encontros oficiais, mentres que Iris chegou a 89 e Peke a 88, ambas as dúas por detrás dos 92 de Teresa Abelleira.