Garitano: ''Ímonos cun punto que tamén é positivo''
Gaizka Garitano manifestó na sala de prensa de Mendizorroza que "eles, ao saír con defensa de cinco, déronnos o balón bastante. Tentamos coller o balón, dominar e fixémolo ben, sen crear excesivas ocasións de gol".
Cre que esta noite en Vitoria, o afeccionado viu "a dous equipos que en ataque nos custa un pouquiño. Nós tivemos a ocasión máis clara do partido e non a fixemos e ímonos cun punto que tamén é positivo".
Garitano opina que o partido "foi bastante táctico ata que no últimos dez, quince minutos hase desmadrado un pouquiño. Nós temos que defender perfecto porque en ataque cústanos moito", admite o adestrador deportivista.