RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Sesión pospartido de Os Nosos, tamén co fabrilista Mane, antes da xornada de descanso deste martes

Os Nosos completaron esta mañá no campo 3 de Abegondo a habitual sesión pospartido antes da xornada de descanso prevista para este martes 26 de agosto.

Diego Villares, onte na zona mixta de ABANCA-RIAZOR, lembrou que "nos quedan 40 partidos e imos aos poucos". "Quédanos moito", engadiu.

Os xogadores que foron titulares onte domingo ante o Burgos CF tiveron unha xornada de recuperación e só saltaron ao céspede para realizar co grupo a activación e uns rondos.

Para os demais, houbo unha xornada de alta intensidade, cun exercicio de finalizacións e fútbol reducido.

A novidade foi a presenza do extremo fabrilista Alioune Badara Mane (Senegal, 10 de febreiro de 2003), citado por primeira vez para adestrar co primeiro equipo.

Jose Ángel é o único futbolista do primeiro cadro que está con adestramento personalizado.

Antonio Hidalgo citou de novo aos seus futbolistas o mércores 27 de agosto para almorzar xa na instalación e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.