RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Villares confía en "facernos fortes en ABANCA-RIAZOR" e Loureiro quere ir "construíndo aos poucos o que queremos ser"

Diego Villares e Miguel Loureiro pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O capitán deportivista admite un pouco de decepción polo empate porque "viñamos con confianza despois desa vitoria importante en Granada. Foi unha pena esas dúas ocasións do principio que se metésemos unha, cambiaría o encontro".

Cre que "eles non nos deixaron moitos espazos. Custounos atopar a eses xogadores de última liña e crear perigo en estático".

Diego Villares quixo tamén "dar as grazas a #ANOSAFORZA polo seu apoio constante. Todos podemos comprobar o que nos animan os 90 minutos e iso para un xogador dentro do campo é moi importante".

Finalmente o futbolista de Vilalba opina que "por un partido non imos acender as alarmas. Quédanos moita temporada aquí e confiamos en facernos fortes en ABANCA-RIAZOR".

Pola súa banda, Miguel Loureiro insiste en que "queriamos a vitoria pero isto está a empezar. Foi un bo partido do equipo. Hai que ir paso a paso, construíndo aos poucos o que queremos ser".

Destaca que "por momentos fomos capaces de ser superiores, de xerar ocasións, de ser un equipo dominador pero o Burgos CF é un equipo difícil, complicado, xogan moi xuntos, é incómodo e moi complicado crearlles perigo".

O defensor branquiazul lembra que "é moi importante nesta competición tan larga ir sumando. Este é un empate, un puntiño máis. E sobre todo coa portería a cero que tamén nos reforza e vai ser moi importante ao longo da temporada".

Loureiro confesa que viviu o seu primeiro partido de liga en ABANCA-RIAZOR "con moita emoción. Cando viña para o estadio, vendo os arredores cheos de xente, tantas camisetas do Deportivo foi moi especial. Desde o principio tratei de baixar pulsaciones porque para min era especial. Foi intenso. Desde que empezou o partido xa concentrado, pensando unicamente no fútbol pero gocei moito do ambiente de ABANCA-RIAZOR, e sobre todo deses momentos da segunda parte, con #ANOSAFORZA axudándonos moito, empuxando. Notouse moito. É un orgullo, unha sorte poder gozar do ambiente de ABANCA-RIAZOR coa camiseta do Dépor".