RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Primeira semana de liga do Dépor ABANCA

Primeira semana de liga para o Dépor ABANCA coa visita do FC Badalona Women este sábado 30 de agosto ás 18:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR.

As Nosas, este luns con xornada de descanso, pecharon a pretemporada cun balance de 3 triunfos, 2 derrotas e 1 empate, con 13 goles a favor e 5 en contra.

Os rivais foron de Primera División de España (Athletic Club e Costa Adeje Tenerife) e de Portugal (SC Braga e Sporting CP); ademais do CA Osasuna, que milita en Primera Federación.

Ao concluír o Trofeo Emma Cuervo, Paula Monteagudo asegurou que o equipo chega a Liga F con "boas sensacións de pretemporada".

Esta semana, Fran Alonso disporá 4 sesións de traballo matinais para preparar o encontro ante as catalás. 

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 26 de agosto
10:30 h.

Mércores 27 de agosto
10:30 h.

Xoves 28 de agosto
10:30 h.

Venres 29 de agosto
10:30 h.

Sábado 30 de agosto
18:00: Deportivo ABANCA - FC Badalona Women, en ABANCA-RIAZOR