RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano: "O máis importante agora é o Club"

Gaizka Garitano asegurou na sala de prensa de Butarque "estar a disposición do Club. O que o Club crea conveniente farase".

O técnico vasco tamén confirma estar "con forza para seguir aínda que se o Club cre que o mellor é que non siga, entendereino. O máis importante agora é o Club".

Do partido, cre que o Dépor "empezou ben. Pero o primeiro centro que meten fixeron gol. O segundo centro fixeron gol. Moi difícil coa efectividade deles e nós sendo tan brandos. Logo coa expulsión xa non houbo partido".