RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano: "O que máis me preocupa é que o Dépor vaia aos poucos para arriba e que salga desta situación"

Gaizka Garitano subliñou esta mañá na sala de prensa de Riazor que o partido de mañá sábado en Leganés (18:30, Bein Sports) "é importante para o Dépor. Todos queremos que o Dépor gañe. Iso é o máis importante". Desta forma, deixa nun segundo plano o seu futuro no banco deportivista, aínda que é consciente que "se gañamos en Leganés, vou seguir. Sempre tento gañar para poder seguir. O que máis me preocupa é que o Dépor vaia aos poucos para arriba e que salga desta situación. O que pase comigo non é importante".

Recalca que fala "todas as semanas" co Presidente Tino Fernández e co Director Deportivo, Richard Barral: "Son conversacións privadas. Sempre tiven a confianza do Club. Eles teñen a miña. Traballamos mientres esteamos aquí todos xuntos, na mesma dirección".

Asegura que para o encontro de mañá "eu só estaría conteño con gañar. Con empatar non estaría contento. E a semana pasada tampouco, e en San Mamés tampouco".

Nesta liña, explica que "a miña mentalidade é sempre gañar. Desde logo non imos ir a empatar. Logo segundo se desenvolva o partido ves se o resultado dun empate é bo ou non. Depende das circunstancias".

Fixo autocrítica e admitiu que "nos meteron moitos goles nos tramos finais. Se vas buscar unha explicación a culpa tena o adestrador. Eu son o máximo responsable do equipo. Se ti ves que eu non fago boas lecturas dos partidos e aínda encima os resultados nos minutos finais fóronsenos, como eu son o máximo responsable, seguro que as lecturas non foron boas. Tentarei mellorar". "Se sempre pensas que fas as cousas ben, nunca melloras. Eu sempre trato de mellorar, tentar ser autocrítico para que o equipo vaia mellor", engade.