
Gran vitoria do Dépor en Vallecas con fútbol, ocasións e goles (1-3)
O Dépor consiguió a súa primeira vitoria da tempada ao gañar por 1-3 ao Raio Vallecano nun bo partido do equipo, que soubo reaccionar ao empate dos locais e puido acabar goleando nun gran partido con fútbol, ocasións en amb
Para buscar o triunfo, e pese ao parón e os contratempos desde entón, Víctor Sánchez do Amo puido volver repetir once inicial con respecto á segunda xornada de Liga na que o Dépor conseguiu un gran empate en Mestalla.
O partido comezou cunha boa parada de Lux no minuto 2 a disparo duro desde a frontal de Quini que o gardameta arxentino desviou tras o bote raso do esférico. O Raio continuou coas súas chegadas sobre área branquiazul pero o Dépor foi o primeiro en golpear.
Unha xogada espectacular do Dépor no centro do campo entre Lucas e Mosquera, acabou nunha apertura á banda de Fajr a Luís Alberto. O gaditano apoiouse en Lucas antes de volver recibir e pór o centro na frontal da área pequena onde Borges, rematando en suspensión, cabeceou a pé cambiado do porteiro para adiantar ao Dépor no minuto 7.
Dous despois Lucas foi derrubado dentro da área nunha acción que o colexiado non entendeu como penalti. O Raio, como antes do gol, seguiu buscando a área branquiazul, chegando por ambos os costados, anotando un tanto ben anulado por fóra de xogo e obrigando ao Dépor a empregarse a fondo no centro do campo e en defensa para dispersar o perigo. A pesar dese dominio local o Deportivo tampouco sufría en exceso.
Luís Alberto rematou frouxo desde a frontal un pase de Celso Borges que chegou sen perigo ás mans de Juan Carlos. Foi o prólogo dos minutos tolos de primásea parte.
O Raio conseguiu materializar unha das súas chegadas nun balón entre liñas que Embarba rematou raso por baixo dun Germán Lux que pouco pode facer ante tan clara ocasión que acabou no fondo da súa portaría.
Pese ao golpe, o Dépor reaccionou en quente. Nunha nova chegada por banda o rexeite caeu aos pés de Luís Alberto, que cun bo crebo acomodouse o balón e buscou o remate raso axustado ao pau para responder da mellor maneira posible ao gol local, cun novo tanto que puña de novo por diante ao Deportivo.
Luís Alberto volveu ter ocasión de marcar pero rematou frouxo, a media altura, ás mans de Juan Carlos no 34.
O partido relaxouse no dez últimos minutos do primeiro tempo e, a pesar de que houbo chegadas a ambas as áreas, o choque chegou ao descanso co Deportivo por diante no marcador.
A segunda parte arrincou cunha ocasión de Fayçal á saída dun córner no minuto 1 cun bo disparo que obrigou á estirada de Juan Carlos para afastar o perigo.
O Deportivo foise facendo co control do partido e presionando ben no centro do campo recuperaba balóns perigosos, como o que supuxo o terceiro gol nunha rápida internada que acabou rematando Lucas ao fondo da portaría vallecana para ampliar diferenzas e subir ao marcador o reflexo do bo partido dos branquiazuis. O coruñés non quixo celebrar o tanto por respecto á que fose a súa afección.
O primeiro cambio foi a entrada de Luisinho en substitución de Luís Alberto. O portugués, na súa primeira incursión ofensiva, asistiu ben para Lucas, que rematou axustado pero desviado. E na seguinte, de novo o coruñés rematou na área, neste caso estrelando o balón na parte exterior do pau.
O partido foi perdendo intensidade mentres os adestradores realizaban movementos, como a entrada de Juan Domínguez en lugar de Juanfran ou de Lopo por Arribas no caso dun Dépor que afrontou o último cuarto de hora contra 10 futbolistas pola expulsión de Ebert.
Juan Domínguez de tiro cruzado, de novo Lucas ou Fayçal tiveron ocasións para ampliar aínda máis diferenzas en Vallecas pero o marcador non se moveu tras un gran partido do Deportivo que esta vez tivo o seu reflexo tamén no resultado final.
Raio Vallecano: Juan Carlos, Quini (Lass, min. 62), Llorente, Amaya, Nacho, Baena, Trashorras, Pablo Hernández (Fariña, min. 80), Embarba, Ebert e Javi Guerra (Manucho, min. 62)
RC Deportivo: Lux, Laure, Sidnei, Arribas (Lopo, min. 68), Navarro, Mosquera, Borges, Juanfran (Juan Domínguez, min. 72), Fayçal, Luís Alberto (Luisinho, min. 64) e Lucas.
Árbitro: De Burgos Bengoetxea (C. Vasco) Amoestou a Laure (min. 31), Ebert (min. 34 e 77), Arribas (min. 44), Llorente (min. 72).
Goles: 0-1 Borges (min. 7); 1-1 Embarba (min. 26); 1-2 Luís Alberto (min. 27); Lucas (min. 60)
Incidencias: partido da 3ª xornada da liga BBVA disputado en Vallecas ante 11.803 espectadores, 500 deles seguidores do Dépor.
Arnau Comas ve ao Dépor como "un equipo moi grande, cunha gran historia"
#OSNOSOS
As Nosas Cores: O segundo equipamento apela ao glorioso Euro Dépor
RCDEPORTIVO
Jose Ángel comezou a súa progresiva incorporación ao traballo de grupo
O Dépor ABANCA disputará o Trofeo Teide ante o Costa Adeje Tenerife o sábado 16 de agosto