RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Héctor Rial: Non debemos acusar este revés

O empate contra o Calvo Sotelo fora, para a maioría, froito da fortuna. Iso era moi relativo pois aínda que é certo que a madeira frustrou os repetidos embates branquiazuis, non o foi menos que os cambios realizados non favoreceron o continuar cun xogo de

Héctor Rial, sereno:
NON DEBEMOS ACUSAR ESTE REVÉS

Héctor rial mostrouse bastante tranquilo na rolda de prensa celebrada ao final. Analizou serenamente as circunstancias do encontro e mostrou confianza nos seus xogadores e no porvir do Deportivo.

-Que opina do partido?
-Debemos gañar.
-Poderiamos falar de mala sorte?
-Sen dúbida. Pero non debemos acusar este revés.
-Momento decisivo?
-O balón que devolveu o poste no cabezazo de Merlo, a un minuto do final.
-A que se debeu o cambio de García Castro por Piña?
-Fíxeno para que García Castro descansase tras o seu recente golpe de xeonllo.
-Por que non sacou un dianteiro?
-Porque as ocasións de gol abundaban e era mellor reforzar o centro do campo para alimentar máis de balóns á dianteira.
-Opinión do contrario?
-O Calvo Sotelo xogou de forma disciplinada, marcando moi encima.
-Oportunidades?
-Creo que houbo moitas oportunidades de gol, pero o balón non quixo entrar máis que unha vez.
-Crearon perigo os seus dianteiros?
-Chegamos moitas veces, máis que nunca, pero non se concretaron os goles.
-Desmoralizado por estes tropezóns?
-Este resultado non debe repercutir na marcha do equipo, xa que os xogadores están a ir a máis cada domingo. A nosa marcha é normal e hoxe todos han visto que merecemos gañar. O ceder un punto non debe desanimar a ninguén.