RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Henar Muiña: "Aos poucos imos conseguindo o que o staff quere"

Henar Muiña subliñou que o Sporting CP, rival das Nosas no último amigable disputado este pasado mércores en Portugal, ten "un gran equipo, con xogadoras moi boas, fisicamente portentosas" e cre que o Dépor ABANCA "estivo moi ben. Aos poucos imos conseguindo o que o staff quere".

O mediocentro deportivista resaltou "o gran traballo de ANOSACANTEIRA. Hoxe creo que eran 4 ou 5 as que tiveron minutos (en cada tempo). Aí vese o traballo que estamos a facer todos".

A nivel persoal, após superar a súa lesión de xeonllo, admite que o ano "foi moi duro. Tiven que estar practicamente todo o ano fóra. É moi importante para min poder volver. Traballei moito durante todo o verán para poder estar hoxe nestas condicións. Por sorte estou aos poucos chegando a ser a Henar que fun e que espero seguir sendo".

Finalmente, do Trofeo Teresa Herrera ante o SC Braga deste sábado 9 de agosto ás 17:00 en ABANCA-RIAZOR (YouTube RC Deportivo) opina que "para nós xogar en ABANCA-RIAZOR é moi especial. Todas sentimos algo moi especial ao xogar alí. Somos conscientes que o trofeo é moi importante para #ANOSAFORZA. É o cuarto que vou xogar. Os outros 3 gañeinos. Así que espero dicir que teño 4".