Henar Muiña Asla (Xixón, Asturias, 20 de outubro de 1999) converteuse nova xogadora do Deportivo ABANCA de cara á campaña 2022-2023.
O mediocentro asturiana procede do CDE Racing Féminas, ao que chegou a pasada temporada despois dun curso no CD Parquesol. Con anterioridade, militou desde idade infantil no Real Oviedo Femenino (anteriormente Oviedo Moderno CF), conxunto co debutou na máxima categoría nacional con só 15 anos compartindo mediocampo coa ex deportivista Iris Arnáiz.
Na pasada temporada foi un dos alicerces do conxunto cántabro, co que no campionato xogou 29 partidos, todos como titular, e anotou 5 goles, aos que hai que sumar 3 encontros e 3 tantos en Copa da Raíña.
Con esta sétima incorporación, o cadro do Deportivo ABANCA 2022-2023 atópase da seguinte maneira: Yohana e Lucía Alba (porteiras), Inés Altamira, Raquel García, Patri López, Cris Martínez (defensas), Paula Gutiérrez, Carlota Sánchez, Eva Dios, Letti, Henar (centrocampistas), Ainhoa Marín, Aroa, Laura Fernández, Carlota Suárez, Millene e Marta Charle (dianteiras).