RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Henar visitou a Escola RCD Colegio Internacional de Eiris

As Escolas RC Deportivo continuan recibindo visitas das xogadoras do Dépor ABANCA. Este martes, Henar recolleu a testemuña dos xogadores do primeiro equipo masculino do Dépor e da súa compañeira Paula Gutiérrez e acudiu a visitar unha das Escolas do club. Neste caso foi a quenda da Escola RC Deportivo Colegio Internacional de Eiris. A mediocampista asturiana acudiu ao centro educativo onde puido asinar multiples autográfos, fotografarse cos alumnos e alumnas e responder as súas preguntas. Ademais aproveitou para animar aos participantes na Escola a acudir o sábado a Abegondo a presenciar o importante partido do Dépor ABANCA ante o RCD Espanyol. 

As inscricións das Escolas RCD atópanse permanentemente abertas. Calquera persoa que estea interesada pode consultar toda a información e realizar o proceso de inscrición na web http://escola.rcdeportivo.es/

Do mesmo xeito, calquera centro ou club interesado na apertura dunha nova sede, así como calquera dúbida ou incidencia coa súa inscrición, poden contactar directamente coa organización no email escola@rcdeportivo.es