RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Heroico triunfo do Infantil sobre o RC Celta na prórroga da final da División de Honra

O Infantil proclamouse campión da División de Honra após vencer nunha final heroica (4-1) ao RC Celta, celebrada a partido único no campo de Burgáns (Cambados).

Os célticos adiantáronse no marcador após o descanso e Íker Casuso logrou igualar na recta final. Na prórroga, os branquiazuis foron superiores e sentenciaron o título cos goles de Borja -2- e Gael.

Infantil: Gabri, Gael, Sergio Míguez, Adrián, Samba, Antón, Borja, Mauro, Trigo, Nico e Roi. Tamén xogaron: Casuso, Joaquín, Xoel e Joel.

Os resultados do Infantil nesta fase final polo Título foron os seguintes:

Semifinal, ida

ED Val Miñor Nigrán 3 - Infantil 5 (Mateo, Borja -3- e Casuso)

Semifinal, volta

Infantil 1 (Casuso) - ED Val Miñor Nigrán 0

Final

Infantil 4 (Casuso, Borja -2- e Gael) - RC Celta 1