RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Histórica convocatoria Deportivista na selección española sub-19

#ANOSACANTEIRA irrompe con forza na selección española sub-19. Dani Barcia, Trilli e Noel representarana nunha citación histórica, non só polo número de Deportivistas, senón por ser futbolistas con unha década de formación en Abegondo.

Os actuais campións de España están amplamente representados na convocatoria definitiva deste combinado nacional para unha concentración e uns partidos amigables fronte a México do 30 de agosto ao 7 de setembro na localidade alacantina de Alfaz do Pi.

Trilli, Noel e Dani Barcia son os membros de #ANOSACANTEIRA que están na convocatoria do seleccionador nacional sub-19. O meta Brais Suárez estaba tamén preconvocado, pero finalmente non entrou na lista definitiva. Xunto ao Atlético de Madrid e ao Sevilla FC, o Dépor é o club que máis xogadores achega a esta selección, un total de tres. Ademais, un cuarto, Hugo Novoa (do Red Bull Leipzig) tamén creceu como futbolista na Cidade Deportiva de Abegondo.

Todos eles adestráronse con asiduidade este verán cos profesionais. Dani Barcia, Noel e Trilli xa debutaron esta pretemporada en partido amigable ás ordes de Borja Jiménez. Falta só por estrearse o meta Brais Suárez, quen si foi titular co Fabril a pasada temporada.

Os convocados concentraranse o luns 30 de agosto, após o primeiro partido de liga ante o RC Celta B en ABANCA-RIAZOR previsto para o domingo 29 de agosto ás 21:30 (Footters). O regreso será o domingo 5 de setembro, polo que serán baixa na segunda xornada de liga, coa visita ao CD Tudelano.

O calendario de partidos da selección española sub-19 é o seguinte:

Venres 3 de setembro

20:00: ESPAÑA - MÉXICO, no Estadio Olímpico Camilo Cano na Nucía

Domingo 5 de setembro

11:30: ESPAÑA - MÉXICO, no Estadio Guillermo Amor de Benidorm