RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Horarios 17ª, 18ª e 19ª xornadas de Primera RFEF Footters para o Dépor

A RFEF fixo públicos esta tarde os horarios da 17ª, 18ª e 19ª xornadas, o tres últimas da primeira volta, da Primera RFEF Footters que se disputarán entre finais de decembro e de xaneiro.

Na 17ª xornada, o Dépor visitará á Cultural y Deportiva Leonesa. O encontro terá lugar o sábado 18 de decembro ás 19:00 h., retransmitido por Footters desde o Estadio Reino de León.

O Dépor abrirá o ano 2022 en ABANCA-RIAZOR, nunha 18ª xornada en horario dominical matinal (o 9 de xaneiro ás 12:00 h.) ante o CF Talavera de la Reina, tamén coas cámaras de Footters como testemuña.

O conxunto branquiazul visitará ao DUX Internacional de Madrid no peche da primeira volta, nun encontro que se disputará no Estadio Municipal de Villaviciosa de Odón tamén un domingo ao mediodía, nesta ocasión o 23 de xaneiro.

Este é o calendario de partidos confirmados do Dépor 2021-2022:

Copa do Rei, primeira eliminatoria: mércores 1 de decembro, 20:00 h. La Condomina (Footters), UCAM Murcia-Dépor

Xornada 15: sábado 4 de decembro, 19:00 h. A Malata (Footters), Racing Club Ferrol-Dépor

Xornada 16: domingo 12 de decembro, 17:00 h. ABANCA-RIAZOR (Footters), Dépor-Real Valladolid Promesas

Xornada 17: sábado 18 de decembro, 19:00 h. Reino de León (Footters), CyD Leonesa-Dépor

Xornada 18: domingo 9 de xaneiro, 12:00 h. ABANCA-RIAZOR (Footters), Dépor-CF Talavera de la Reina

Xornada 19: domingo 23 de xaneiro, 12:00 h. Municipal Villaviciosa de Odón (Footters), DUX Internacional de Madrid-Dépor