RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Hoxe até as 22:00 entradas á venda na DéporTienda de Marineda City para o Oviedo-Dépor

A venda de localidades para o partido correspondente á 32ª xornada de LaLiga 1|2|3, que se disputará o domingo 31 de marzo no Novo Carlos Tartiere de Oviedo a partir das 18:00 horas (Movistar Partidazo) ante o Real Oviedo, cambia de lugar durante todo o día de hoxe.

Os billetes estarán á venda nos seguintes horarios e localizacións, até esgotar localidades:

- Sábado 23 na DéporTienda de Marineda City de 10:00 a 22:00 h.
- Luns 25 en diante na Oficina de Atención ao Deportivista de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.

Os peñistas deberán xestionar as súas entradas a través da Federación de Peñas.

As 300 entradas dispoñibles teñen un prezo de 25 euros cada unha. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en mostrador, e será imprescindible mostrar o DNI do segundo destinatario dos tickets ou unha fotocopia do mesmo (o outro debe ser o propio socio que adquire as entradas).

Ademais, todos aqueles Deportivistas que teñan a súa entrada para Oviedo poderán comprar, mostrando o ticket nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City, o equipamento branquiazul (Alicerces 1906) ou vermella (Noite Meiga) ao prezo promocional de 50 euros.