RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Hoxe non houbo quórum e mañá celebrarase a Xunta Xeral de Accionistas

Tal e como era de esperar, hoxe martes ás 20.00 horas na Praia Club non se puido celebrar en primeira convocatoria a Xunta Xeral de Accionistas do Real Club Deportivo da Coruña S.A.D. ao non haber o quórum estipulado do 25 por cento do capital social.

Concretamento houbo 0% de accións presentes e representadas, 0% de accionistas presentes e representados, e, en total, un 0% do capital social presente e representado. Así pois, mañá mércores, en segunda convocatoria, e sexa cal sexa o capital presente e representado, celebrarase a Xunta Xeral de Accionistas, coa seguinte orde do día:

Xunta Xeral Ordinaria Primeiro.- Exame e aprobación, se procede, das contas anuais (Balance, Conta de Perdas e Ganancias e Memoria) e do informe de xestión. Segundo.- Exame e aprobación, se procede, da Xestión do Consello de Administración. Terceiro.- Aplicación do resultado do exercicio pechado ao 30 de xuño de 2004.

Xunta Xeral Extraordinaria Primeiro.- Aprobación do orzamento para o exercicio de 1 de xullo de 2004 ao 30 de xuño de 2005. Segundo.- Composición do Consello de Administración: Modificación do acordo adoptado na Xunta Xeral de Accionistas de data 30 de outubro de 1998 polo que se fixou o número de membros do Consello de Administración e retribución de Conselleiros.

Os accionistas interesados en acreditarse para a Xunta Xeral de Accionistas aínda poden facelo mañá mesmo na Praia Club (Plataforma inferior, acceso pola Praia de Riazor), ininterrompidamente desde as 10.00 ata que comece a asemblea, ás 20.00 horas. É preciso mostrar o Documento Nacional de Identidade.