RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Iago: Hai que ir paso a paso, firmes pero sen présa

O mozo Iago compareceu ante os medios de comunicación. Marcou o segundo tanto do equipo onte ante o equipo cántabro, gol que deixaba sentenciado xa o partido. "Felicitoume o míster, pero como a calquera outro compañeiro", confesou.

-Cantas veces viu as imaxes do gol?
-Pois unas cantas. A miña noiva tíñamo gravado e si é certo que o volvín a ver.

-Que lle dixo o míster?
-Felicitoume como a calquera compañeiro e recalcoume que tiña que aproveitar eses balóns chegando desde atrás.

-Podería ser que vostede e Xisco xogasen de titulares o domingo en Vilarreal?.
-O que demostrou a canteira é que non só estivemos aquí de recheo. Xogamos cando o equipo se xogaba cousas importantes, Senel en Copa, Xisco marcou en Xetafe...

-Por conseguinte, a favor da canteira e da súa profesionalización?
-Claro que a favor. Pero hai que ir paso a paso. Dando pasitos firmes pero sen présa.

-Tivo a sorte onte de marcar diante dos Riazor Blues.
-Si. Foi moito máis bonito, porque eles son os radicais e os incondicionais do Club.

-Viu algún partido desde a bancada dos Blues?
-Antes si os vía. A min coincidíame por exemplo a época de David, ou o gol de Carlos ao Athletic, e vivíase con máis intensidade porque eran xente da Coruña.