RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ian Mackay: "Os pequenos detalles nun playoff son os que marcan a diferenza de ascenso ou non"

Ian Mackay advertiu esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que o playoff "non ten nada que ver coa liga. É completamente distinto. Son eliminatorias de 180 minutos ida e volta, unha eliminatoria que se xoga en dous partidos. Sabemos que se somos fortes en ABANCA-RIAZOR temos que facer valer iso para levar un bo resultado cara alá e logo xa veremos como se expón o partido alí".

O capitán branquiazul, un dos futbolistas con máis experiencia, recalca que "a xente veterana temos que tentar axudar aos máis novos a entender que estes partidos son máis longos do habitual e que os pequenos detalles nun playoff son os que marcan a diferenza de ascenso ou non. Entón temos que estar concentrados en todo momento e darlle importancia a cada balón, a cada mínimo detalle que poida facer que a eliminatoria veña do noso lado".

Admite o seu desexo de que "podamos sacar un resultado amplo, que é o que nos gustaría a todos e sería máis fácil se consiguieramos sacar o resultado do Algeciras CF. A miña opinión persoal é que vai ser máis complicado o partido, vai ser diferente ambiente. Eles virán aquí a tentar sacar un bo resultado porque despois en casa son fortes".

É consciente que "nos xogamos todo o ano a catro partidos. Primeiro imos pensar nestes dous, sobre todo o do domingo, que é moi importante. Temos que facernos fortes en ABANCA-RIAZOR, como estamos a facer, e sacar un moi bo resultado".

De feito, márcase como obxectivo principal "irnos coa vitoria de aquí; e logo alí xa veremos que resultado levamos de aquí. Pero centrados completamente no domingo para sacar o partido adiante", insiste.

Advirte que este domingo 4 de xuño ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv) "vén un equipo complicado. Os primeiros de cada grupo están ascendidos e os seguintes catro xogámonos o playoff. É o que nos toca xogar. Agora centrados neste domingo, a tentar facernos fortes aquí con #ANOSAFORZA e irnos sacando un bo resultado".

Precisamente ve ao deportivismo "moi enchufado ou iso faime chegar a min pola cidade toda esta semana. Confía en nós. Sentimos o apoio que é moi importante. Vernos apoiados por toda a cidade e por #ANOSAFORZA é importante para nós. Queremos devolverlle todo iso que nos están dando cun bo partido e unha boa imaxe o domingo: sacando a vitoria e oxalá podamos dedicarlle o ascenso que tanto se merece".

Desvela que o coruñés Rubén de la Barrera, ao cargo do equipo, "está moi motivado, é do Dépor e quere levar ao Dépor o máis arriba posible. Nós, que estamos con el, a tentar axudarlle o máximo posible".

De Quiles, baixa neste playoff, opina que "é un xogador moi importante, é sinónimo de gol. No persoal encima lévome moi ben con el. No campo asusteime moitísimo porque parecía moitísimo máis grave do que é ao final. Temos que repoñernos a iso e oxalá lle podamos dedicar o ascenso, que el tamén se merece".

A nivel persoal, confesa que "teño ganas de que chegue o domingo. Hai que saber acougar eses nervios, esas sensacións de querer chegar xa, esas ganas de que chegue xa. Hai que chegar en bo momento, traballar toda a semana. Estamos a metade de semana e hai que levalo o mellor posible".

Apunta finalmente que esta forma de xogar de Rubén de la Barrera "xa o facía en Sabadell. Era o primeiro activo xa desde o principio. Gústame porque me fai estar metido no partido en todo momento. Significa que estou activo en todas as xogadas, participo en todas as accións de ataque desde atrás e faime estar máis atento en todas as accións. Coa maneira de xogar que había antes, que tamén é válida, pasaba máis desapercibido porque non xogaban tanto comigo. A concentración era máis complicada porque non participabas tanto no xogo, había minutos que estaba bastante tempo sen participar e é máis complicado cando un porteiro está máis ausente ou máis illado do xogo".