Iano Simão seguiu desde o banco o triunfo hoxe da súa selección, Guinea Bisáu, ante Sierra Leona
O lateral fabrilista Iano Simão estivo convocado coa selección nacional de Guinea-Bisáu con motivo dun partido clasificatorio para a Copa de África ante Sierra Leona.
O encontro disputouse hoxe luns 11 de setembro no Estadio Nacional de Bisáu e saldouse con triunfo guineano (2-1), resultado que o sitúa, despois de 6 partidos, en 2ª posición do grupo A con 13 puntos, a 2 puntos do líder, Nigeria.
Iano Simão non chegou esta tarde a saltar ao terreo de xogo e mañá martes emprenderá regreso á Coruña.
Último partido para José Rey con España sub-17 en San Pedro del Pinatar
José Rey disputará mañá martes 12 de setembro ante Inglaterra o último partido da selección española sub-17 no Torneo Internacional que se disputa na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.
O atacante deportivista tivo minutos de xogo o pasado sábado 9 de setembro ante Portugal no segundo encontro do torneo. Saltou ao campo no minuto 72 en substitución de Diallo e non puido evitar a derrota española (4-1).
O primeiro partido desta competición foi o mércores 6 ante Marrocos. José Rey foi titular nun partido que gañou España (2-1) con dous goles nos últimos minutos. O canteirán branquiazul estrelou un balón no pau nunha das mellores ocasións do combinado español.
José Rey regresará á Coruña o mércores 13.
O atacante branquiazul, que está no seu primeiro ano de xuvenil, xa xogou o ano pasado coa selección española sub-16, coa que gañou por exemplo no mes de novembro o Torneo Football Federations Cup en Alfaz del Pi.
O calendario dos partidos de España, todos eles no Pinatar Area Stadium, é o seguinte: