RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Idiakez: Temos un cadro suficientemente capacitado como para competir en calquera campo con ausencias

Imanol Idiakez confesou este mediodía na sala de prensa que esperaba que a sanción de Lucas fose un partido porque "xa nos parecía rigorosa a vermella, sen ningún tipo de violencia. Non hai que perder o tempo con cousas que non podes facer nada. Que pasen estes dous partidos sen el e que o equipo siga competindo. O equipo adestrou ben. É unha pena que teñamos nin a Lucas nin a Yeremay pero temos un cadro suficientemente capacitado como para competir en calquera campo con ausencias, aínda que sexan tan importantes como estas. E estou convencido que mañá o imos a facer".

Márcase como reto que "ese tipo de contextos nos que che atopas cun rival que che morde, que non che regala nin un metro no campo, que disputa o balón parado, que o intre que che defende búscache unha contra... Ese tipo de escenarios, dominalos achégache ao obxectivo. Temos que ser capaces de dominar este tipo de escenarios, ser capaces de competir neste tipo de partidos e ser capaces de, dentro dos partidos nos mini partidos, saber xogalos. Haberá momentos de dificultade, momentos nos que non dominemos como quizais dominamos en ABANCA-RIAZOR e o rival póidache mesmo dominar aínda que ti non queiras. Ser capaces de estar de pé neses momentos, de ser difíciles, de non permitir que o rival che faga dano tamén é un reto se queres ser un equipo con todas as da lei".

Así pois, conclúe que "o noso obxectivo é claro, ser os primeiros e para ser os primeiros tes que ser bo en todo. Tamén nisto. Mañá temos unha boa pedra de toque para empezar a construír esa parte do equipo que queremos construír".

Advertiu que Unionistas de Salamanca CF mañá sábado 16 de setembro no Estadio Reina Sofía (21:30, FEF TV) é "un rival cunhas condicións moi especiais, que na súa casa é un rival bo, que vai buscarche moito, moi agresivo, que ten un moi bo balón parado, unha boa estrutura, moi ben organizado. É un equipo que pelexa cada centímetro do campo e vainos a obrigar a demostrar unha versión de competitividade, de competir o partido. Nese aspecto é unha boa pedra de toque para ver se realmente estamos no camiño que queremos, tamén fóra de ABANCA-RIAZOR".

O técnico deportivista vaticina un partido "moi bonito porque ademais se van a xuntar dúas afeccións moi intensas, moi de animar, moi de estar cos seus xogadores, co seu equipo. Unionistas tamén ten unha afección moi ruidosa e moi de empuxar; e eu creo que vai ser nese aspecto un bonito espectáculo na bancada".

Insiste sobre #ANOSAFORZA que "se me acaban os cualificativos; así que darlle as grazas e reiterar o desexo que temos de darlles alegrías porque para nós é o principal motivo case desde que nos levantamos pola mañá, que a nosa xente se vaia orgullosa de nós. Imos ver se podemos vivir unha xornada e pódense volver de Salamanca cunha alegría como volveron de Lugo".

Explica que ao longo destes días de traballo entre Abegondo e ABANCA-RIAZOR "insistimos no último terzo, no ataque, en atacar defensas tan organizadas ou tan pechadas que nos está custando un pouquiño ao comezo. Tamén traballamos cousas da defensa porque aínda que non encaixes hai cousas que se poden facer mellor. Sempre hai cousas que mellorar no xogo, e máis nun equipo tan novo como o noso, que está en formación, con tanta xente nova, cun adestrador novo, que os conceptos necesitan tempo para que poidan ser dentro do equipo".

Nesta liña, Imanol Idiakez indica que "cando chegas a un equipo, nos inicios traballas máis o estrutural, o todo. E os detalles cústache un pouquiño máis. No todo estamos medianamente ben, sanamente ben, con mellora por suposto; e nos detalles é onde temos que mellorar. E niso estamos e estaremos até sempre, porque a mellora forma parte da vida, do xogo, porque o xogo é cambiante cada segundo. Atopamos outra vez puntos de optimismo pero tamén atopamos puntos de mellora, e traballamos neles".