RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

II Campus de fútbol do Real Club Deportivo da Coruña

A cidade deportiva do Deportivo da Coruña en Abegondo, O Mundo do Fútbol, e as instalacións de Acea de Ama, en Culleredo, será o escenario da segunda edición do Campus de fútbol do Real Club Deportivo da Coruña. Os nenos e nenas de entre 6 e 14 anos que

Desde o 7 de xullo, dividido en quendas dunha semana de duración cada un, os mozos poden participar no II Campus de fútbol do club coruñés. As sesións serán de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas nas instalacións de Acea de Ama e O Mundo do Fútbol (Abegondo) con servizo de autobús para os que o necesiten.

Os nenos poderán estar en regimen de externado, media pensión e internado.
En réxime de externado, as quendas, catro en total, serán de cinco días: Do 7 de xullo ao 11, do 14 ao 18, do 21 ao 25 e do 28 de xullo ao 1 de agosto. Os prezos son os seguintes: 75 euros para abonados ou accionistas e 81 euros para o público. A maiores haberá servizo de transporte en autocar, abonando un suplemento de 15 euros.

En mediapensión, as quendas irán de domingo a sábado, con este horario:
Domingo: De 18.30 a 21 horas
Luns a venres: 10.00 a 21.00 horas
sábado: 10 a 16 horas
Os prezos serán 230 para socios e accionistas e 250 euros para público.

Por fin, en réxime de internado, as quendas serán estes:
Primeira quenda: do 6 de xullo ao 12 de xullo
Segunda quenda: do 13 ao 19
Terceira quenda: Do 20 ao 26
Cuarta quenda: Do 27 ao 2 de agosto
Quinta quenda: do 3 de agosto ao 9
A entrada dos nenos será o domingo ás 18 horas e a saída, o sábado seguinte ás 16 horas.
Os prezos serán de 365 euros para abonados e accionistas e 385 para público en xeral.

Para inscribirse, na sede do Club na Praza de Pontevedra 19, 1º de 10 a 14 e de 17 a 21. Máis información no 981 259500.

O ano pasado case 300 mozos de toda a provincia de entre seis e quince anos gozaron dunhas vacacións diferentes na I edición do Campus de Fútbol do RC Deportivo da Coruña.