RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Imanol cre que isto é de ANOSAFORZA e resalta que non queremos gañar, queremos ser gañadores

Imanol Idiakez mostrouse na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR "contento por #ANOSAFORZA. Isto non é de ningún de nós e desde logo meu non é. Isto é de #ANOSAFORZA; isto é do Dépor; da afección do Dépor, que é un espectáculo marabilloso".

Apunta que "o puxemos un pasiño por encima de onde estaba, sacámolo do inferno e temos que seguir. Gozar evidentemente desta festa, da alegría da xente que é o máis marabilloso que che pode pasar como profesional; pero temos un reto que é chegar onde o Dépor ten que chegar, que aínda está lonxe".

O técnico deportivista cualifica de "boa vitoria" o choque ante a Real Unión porque "parece que é fácil e non é fácil. Eles xogábanse o que se xogaban; e outra vez con tantos cambios, con tantos incidentes durante o partido en forma de lesións estou contento co rendemento da xente. Levamos moitos meses comentando o traballo da xente que xogou menos e hoxe volveuse a demostrar".

Completada polo Dépor unha volta enteira do campionato sen perder, subliña que "o equipo non se parou a pesar de ascender hai 2 semanas. Foi a Zubieta e fixo un bo partido no que mereceu gañar. Hoxe gañamos ben. Iso fala do espírito que estamos a construír. Nós non queremos gañar porque de cando en vez todo o mundo gaña. Queremos ser gañadores, construír un ser, unha forma de actuar, unha forma de comportarnos que non teña que ver coas circunstancias. Estamos a conseguilo e ese é o meu obxectivo". 

Finalmente explica dos lesionados que a "Alcaina ímolo a perder, con José Ángel teño dúbidas, Ximo Navarro acabou cunha molestia pero as sensacións del non son tan malas. Espero que sexa só Alcaina. Cayarga ten unha viaxe terrible. É unha entrada de vermella. Púidolle partir a perna. Espero que quede aí. No descanso tíñao inchado e a ver se nuns días pódese recuperar".

/* Bot imbee */