RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Villares: "Esta temporada estamos todos con ganas de dar un paso adiante"

Diego Villares manifestou na sala de prensa de Abegondo que "xa levamos unha nova temporada que nos serviu para asentarnos na categoría. Esta temporada estamos todos con ganas de dar un paso adiante".

Opina que o feito de contar con 31 futbolistas neste inicio da pretemporada "é tamén bo porque mellora a competencia a todos. Estamos a nos adaptar a ser tantos sobre todo nos días de partido".

Preguntado polos dous primeiros reforzos, comenta que "Arnau de momento non puido adestrar, que está a se recuperar; e Lucas Nouby véxoo un central cunhas condicións físicas moi boas. Vai ser un reforzo importante para o equipo".

Villares advirte sobre o novo Dépor que "levamos 4 días e tampouco nos deu tempo a traballar todo o que o míster quere. Irémolo vendo nos partidos de pretemporada e nas semanas que nos quedan. O míster ten unha idea moi clara sobre todo na saída de balón, que é o que máis puidemos traballar nestes poucos días que levamos". "Non se se un equipo máis vistoso, que xa depende dos xogadores; pero si coa intención de selo", engade.

A nivel individual, o futbolista de Vilalba afirma que "unha vez adaptado á categoría hai que dar un paso adiante, como o debe facer o equipo".