RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Inês Pereira, unha mundialista para completar a portería do Dépor ABANCA

Inês Teixeira Pereira (Sintra, Lisboa, 26 de maio de 1999), coñecida como Inês Pereira, completa a portería do Dépor ABANCA cedida esta temporada polo Everton FC inglés.

Formada no Estoril Praia, fichou a continuación polo Sporting CP, club co que se proclama campioa de Liga, Copa e Supercopa lusa (2017-18).

A 3 últimas campañas militounas no Servette, co que gañou unha liga (2023-24) e 2 edicións de Copa.

A gardameta lusa chega ao Dépor ABANCA despois de ser titular indiscutible nas 2 últimas temporadas, cun total de 39 partidos xogados.

Ademais de sub-17 e sub-19, Inês Teixeira é internacional absoluta con Portugal e xogou 2 partidos no último Mundial de Australia. O seu amplo currículo complétano 14 participacións na Women´s Champions League.