
Información técnica sobre a modificación estrutural do auditor de contas
XUNTA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS 2016 REAL CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA, S.A.D. En relación á Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria convocada, mediante publicación no BORME nº 207
I. En data 26 de outubro de 2016, o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. (en diante, “RCD”) remitiu ao BORME o texto da Convocatoria da Xunta Xeral de Accionistas para a súa publicación no BORME do 28 de outubro.
II. Á espera da publicación da Convocatoria, en data 27 de outubro de 2016 recibiuse, no domicilio social, comunicación de AUREN AUDITORES SP, S.L.P. na que se notificou ao RCD que o Auditor de Contas do RCD, ata ese momento, AUREN AUDITORES LCG, S.L. participara nun proceso de fusión e simultánea segregación con outras sociedades sendo a beneficiaria desta operación de modificación estrutural a sociedade AUREN AUDITORES SP, S.L.P., segundo resulta da escritura outorgada ante o notario de Madrid D. Antonio Luís Reina Gutiérrez o 28 de abril de 2016, co número 2772 de protocolo, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid con data 3 de agosto de 2016.
Todo iso supuxo a desaparición de AUREN AUDITORES LCG, S.L., subrogándose en todos os seus dereitos e obrigacións a sociedade AUREN AUDITORES SP, S.L.P., a cal ten o seu domicilio social en Avda. Xeral Perón nº 38, 28020 Madrid, con C.I.F. nº B-87.352.357, e inscrita no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC) co número S-2347.
III. En data 28 de outubro de 2016 produciuse a publicación no BORME da Convocatoria á Xunta de Accionistas, resultando imposible a modificación da mesma por parte do órgano de administración do RCD aos efectos de incluír na Orde do Día a análise e a adopción do oportuno acordo que regularizase a situación relativa ao Auditor de Contas.
IV. Á vista da importancia de dar cobertura á incidencia ocorrida coa personalidade xurídica do Auditor de Contas, varios accionistas coñecedores das circunstancias acaecidas, titulares de maneira conxunta dun total de 8.260 accións que representan o 5,26% do capital social do RCD, decidiron acollerse ao disposto no artigo 172 da Lei de Sociedades de Capital sobre solicitude de Complemento de Convocatoria.
Así, no cinco días seguintes á publicación da Convocatoria, o mencionado conxunto de accionistas remitiron ao Consello de Administración unha notificación fehaciente mediante a cal solicitaban a publicación dun Complemento de Convocatoria no que se incluíse o seguinte punto na Orde do Día:
“1.- Modificación Estrutural do Auditor de Contas da Sociedade:
(I) Ratificación e validación do nomeamento de Auditor de Contas relativo ao Exercicio Social pechado ao 30 de xuño de 2016;
(II) Nomeamento de Auditor de Contas do Grupo Individual e Consolidado do Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D.”
V. Atendendo á solicitude de Complemento de Convocatoria, o Consello de Administración do RCD procedeu á remisión do texto do Anuncio de Complemento de Convocatoria para a súa publicación no BORME, incluíndo como novo punto da Orde do Día o solicitado polos accionistas. Así mesmo, procedeuse á publicación do Anuncio nos diarios La Voz de Galicia, A Opinión A Coruña e DXT Campión.
De acordo con todo o antes exposto, a solicitude de Complemento de Convocatoria derivou na modificación da Orde do Día inicialmente establecido para o seu debate na Xunta de Accionistas, mediante a inclusión dun novo punto, o punto cuarto. Desta forma, os puntos iniciais “Cuarto.- Rogos e preguntas” e “Quinto.-Delegación de facultades”, da Orde do Día, pasan a ser o quinto e sexto punto respectivamente.
Así mesmo, o Consello de Administración procedeu á modificación do documento que contén a Proposta de Acordos, incluíndo o novo punto da Orde do Día e a súa proposta de acordo concreta. Lémbrase aos accionistas que teñen dereito a examinar no domicilio social e a solicitar e obter a entrega ou envío gratuíto da referida Proposta de Acordos.
Espe Pizarro e Uruguai arrincaron a Copa América con empate ante Ecuador
#ASNOSAS
O Dépor pecha a primeira semana de pretemporada nunha sesión na que xa participou Luismi Cruz
Inês Pereira, que se incorpora ao Dépor ABANCA o 25 de xullo, despediuse da Eurocopa ante Bélxica
#ASNOSAS
600 nenos e nenas recibiron os seus diplomas na semana grande do DéporCampus Cabreiroá 2025
FUNDACIÓN

128 Deportivistas animarán a vos nosos na Romareda
ACTUALIDADE

10% de desconto e 4 anos de garantía para #ANOSAFORZA en Louzao
#ANOSAFORZA

13 institucións presentes na bancada solidaria do Dépor-Espanyol
ACTUALIDADE

1.036 socios de Marathón Impar e todos os afectados do día do Sporting serán recolocados ante a Granada
PORTADA