RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Iñigo López e Nahuel, por primeira vez cos Deportivistas o martes ás 19:00 h. en Correos

As dúas últimas incorporacións do Real Club Deportivo, Iñigo López e Matías Nahuel Leiva, terán este martes ás 19:00 h. o seu primeiro encontro cos Deportivistas. Será nun acto de firmas e fotos que terá lugar na O.P. de Correos na Coruña, que este verán foi ademais sede da OAD durante as obras do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O acto coincide coa semana de San Valentín, na que os deportivistas poden comprar produtos de deportienda.es cos gastos de envío gratuítos, envíos realizados co servizo de Correos. Todos os afeccionados que se acheguen a coñecer aos xogadores do Dépor poderán ademáis entrar no sorteo dunha camiseta Noite Meiga asinada por todo o cadro do Dépor, alén de pedir os primeiros autógrafos e fotos aos xogadores que completan o cadro do Dépor 2018-2019 até final de temporada.