Frenética xornada mañá sábado en ANOSACANTEIRA con actividade para 5 equipos de ANOSACANTEIRA.
Así, o Fabril enfróntase á SD Compostela no Estadio Vero Boquete San Lázaro a partir das 19:00 horas na VIII edición do Memorial Antonio Bermúdez.
Será o segundo amigable do filial após a vitoria onte xoves na Lomba ante o Arosa SC (0-1) cun gol de Darío Germil.
Óscar Gilsanz citou aos seguintes futbolistas: Alberto, Hugo Ríos, Mardones, Kike Teijo, Marotías, Vilela, Aarón, Fadil, Damián, Íker Vidal, Carreira, Garrido, Noé, Alfaro, Ovidio, Dylan, Álex Delgado, Guerrero, Hugo Villaverde, Luisao, Domínguez, Bil e Darío.
Tamén mañá sábado o Xuvenil A disputa en Santa Isabel o Torneo Unindo Camiños, o Xuvenil B outro torneo en Calo; e, ademais, ten partido o Cadete en Abegondo ante o Imperátor OAR (10:30) e o San Tirso SD Cadete na Marola ante o Marino de Mera (11:30).
Finalmente o Benxamín A, que esta próxima temporada será o Fabril FC Alevín, compite na cidade polaca de Starogard Gdański na segunda xornada da Deyna Junior Cup 2024.
Os dous equipos infantís foron os protagonistas hoxe venres 23 de agosto en ANOSACANTEIRA.
O Infantil A (na foto da noticia), que o pasado martes goleou (5-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF, impúxose (2-1) en Abegondo á Orillamar SD de categoría cadete.
E o San Tirso SD Infantil, que venceu (4-0) tamén o martes ao CD Calasanz, caeu esta vez (1-2) co CD Lugo no Monte.
O mércores xogáronse tres encontros, saldados todos con triunfos deportivistas: o Xuvenil B de Liga Nacional visitou (2-3) ao Olímpico de Rutis de Primera Futgal, o Cadete recibiu (4-0) en Abegondo ao Ural Español CF B de categoría xuvenil e o San Tirso SD Cadete superou (3-0) no Monte ao Atlético Coruña Montañeros CF.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
Xoves 22: AROSA SC 0 - FABRIL 1 (Darío Germil)
VIII Memorial Antonio Bermúdez: SD COMPOSTELA - FABRIL, mañá sábado 24 de agosto ás 19:00 no Estadio San Lázaro Vero Boquete
Categoría xuvenil
Torneo Unindo Camiños, en Santa Isabel (Santiago de Compostela)
Sábado 24 de agosto
Primeira Fase
9:30: SEVILLA FC - XUVENIL A
10:30: ED VAL MIÑOR - XUVENIL A
11:30: SD COMPOSTELA - XUVENIL A
12:30: PONTEVEDRA CF - XUVENIL A
Os dous primeiros pasan ás semifinais, que se xogarán o domingo 25 de agosto
OLÍMPICO DE RUTIS (Primera Futgal) 2 - XUVENIL B 3 (Miguel de Labra -3-)
Torneo en Calo
Sábado 24 de agosto, no Municipal de Rebordelo (Calo)
11:00: CALO SD - XUVENIL B
12:00: XUVENIL B - RC CELTA B
Categoría cadete
CADETE A 4 (Elías, Nico e Pablo Crespo -2-) - URAL ESPAÑOL CF B (xuvenil) 0
CADETE A - IMPERÁTOR OAR, mañá sábado 24 de agosto ás 10:30 en Abegondo (campo 6)
SAN TIRSO SD CADETE 3 (Daniel, Gio e Gandarela) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
MARINO DE MERA - SAN TIRSO SD CADETE, mañá sábado 24 de agosto ás 11:30 na Marola (Mera)
Categoría infantil
Martes 20: INFANTIL A 5 (Álex Vidal, Íker Obeso -2-, Hugo Ferreiros e Hugo Caridad) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
INFANTIL A 2 (Hugo Ferreiros -2-) - ORILLAMAR SD (cadete) 1
Martes 20: SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Pablo Crespo, Mario, Gael e Martín) - CD CALASANZ 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Pablo Crespo) - CD LUGO 2
Categoría benxamín
Deyna Junior Cup 2024 en Starogard Gdański (Polonia)
Venres 23 de agosto
ARKA GDYNIA 1 - BENXAMÍN A 0
KS BENIAMINEK '03' 3 - BENXAMÍN A 4 (Mateo Songo'o -2-, Álex Casado e Alberto Novo)
FC JONAVA 1 - BENXAMÍN A 3 (Mateo Songo'o -2- e Leo Lorenzo)
LECH POZNAŃ 2 - BENXAMÍN A 2 (Mateo Songo'o e Leo Lorenzo)
BENXAMÍN A 1 (Mateo Songo'o) - JAGIELLONIA BIAŁYSTO 1
Sábado 24 de agosto
10:32: UKS ROZWÓJ IŁAWA - BENXAMÍN A
12:04: BENXAMÍN A - AP JEDYNKA REDA
13:37: BORUSSIA MÖNCHENGLADBACH - BENXAMÍN A
Domingo 25 de agosto
9:30: BENXAMÍN A - KRC GENK
11:02: KLAIPĖDA FA - BENXAMÍN A
12:34: BENXAMÍN A - JAGUAR GDAŃSK
