RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Intenso e longo adestramento do Deportivo en Abegondo

Natxo González dispuxo esta mañá unha intensa e longa sesión de adestramento, de 2 horas de duración, para o primeiro equipo, hoxe ademais cos fabrilistas Álex Cobo e Bicho; e sen Didier Moreno, concentrado con Colombia.

O técnico branquiazul ordenou no campo até tres exercicios de partidos en espazo reducido, de alta intensidade. Todo iso nunha semana curta, pois este venres 12 de outubro visita o Estadio ABANCA-RIAZOR o Elche CF (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), en partido correspondente á 9ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Borja Valle completou con normalidade o seu segundo adestramento co grupo. Estiveron á marxe Vicente Gómez, hoxe co readaptador Fran Molano; e Fede Cartabia e Dubarbier, no ximnasio e cos fisioterapeutas.

Mañá mércores, os futbolistas branquiazuis están citados de novo ás 11:00 horas en Abegondo.