RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
DÉPOR ABANCA A

Irene Ferreras: "Temos moitos argumentos para ser optimistas"

Irene Ferreras compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo a modo de previa ao enfrontamento contra o Madrid CFF. A adestradora móstrase tranquila a pesar de que se resiste a primeira vitoria: "non está a pasar nada que non tivésemos previsto, así que non perdemos o prisma".

Valora como "moi mellorable" o partido de Badalona e considera que, a pesar de que o gol chegase no minuto 90, "o resultado foi xusto". Con todo, avoga por "normalizar" este tipo de partidos "para aprender e ser mellor equipo".

No referente ao rival, Irene opina que "é un equipo que trata moi ben a pelota", apunta que a súa liña defensiva ten "moita experiencia e moita xerarquía"; "enfrontámonos a un club que está a facer as cousas moi ben", engade Ferreras.

A pesar de que as sensacións do último encontro, Irene mantén que "estamos a competir ben e dando boa imaxe" e refúxiase no "aura especial" de xogar en ABANCA-RIAZOR. "Temos moitos argumentos para ser optimistas", conclúe a míster.

A dispoñibilidade do cadro, por primeira vez esta temporada, é total. Henar, após superar a súa lesión, volve á convocatoria: "está sa e apta, valorarase ir incorporándoa aos poucos".