RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
DÉPOR ABANCA A

Fran Alonso pide "ter un pouco máis de picardía, ler un pouco mellor os partidos en momentos clave"

Fran Alonso manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, após o empate ante o DUX Logroño, que "somos un pouco inxenuos como equipo de non matar o partido. No minuto 45 xa non se debería de xogar, temos que durmir o partido. Non o facemos, métennos un gol (o 2-1) e fainos dano psicoloxicamente. E no segundo tempo non estamos ben, non temos claridade... Ao final é un punto que é case como unha derrota", insiste.

Subliña iso si o regreso de Millene ao equipo, ademais con gol de penalti: "Dános moitísimo. Estou contento por ela. É unha pena que ese gol non valese para conseguir os 3 puntos. Acabóuselle o fol porque leva moitísimo tempo sen xogar pero vese que nos vai a axudar moitísimo".

A pesar da decepción, o técnico deportivista recalca que está "contento pola reacción despois dunha mala imaxe o partido pasado. A reacción en casa no primeiro tempo foi moi boa. O equipo estivo moi ben, coas ideas claras. O plan de partido saíu moi ben. Quedo con iso. É momento de seguir nesa dinámica, asegurarnos que os partidos son 90 minutos, ter un pouco máis de picardía, ler un pouco mellor os partidos en momentos clave".

Finalmente admite que "tiñamos moita ilusión diante de #ANOSAFORZA conseguir os 3 puntos e despois de como ía o partido viamos que estaba preto. É un empate que sabe case a derrota pero imos quedarnos con esa melloría, esa loita, esa garra. Executaron moi ben o plan de partido. Tivemos moita concentración quitando os últimos minutos do primeiro tempo. Debemos de seguir traballando nesa liña e seguro que as vitorias chegarán".