Iris Arnaiz Gil (Xixón, Asturias, 18 de maio de 1994) asinou esta tarde a súa renovación como xogadora do Deportivo ABANCA por unha campaña máis con opción a outra.
A centrocampista asturiana queda agora vinculada ao equipo branquiazul até a conclusión da Temporada 2020-2021, coa posibilidade de seguir un curso máis, até xuño de 2022.
Iris aterrou no Dépor ABANCA, procedente do Oviedo Moderno CF, no verán de 2017, polo que está inmersa na súa terceira campaña nas filas deportivistas. Desde a súa chegada é unha peza indispensable para o técnico Manu Sánchez e mesmo alcanzou a capitanía, disputando até o momento 65 partidos nos que anotou 11 goles.