Irureta: o partido é importante para nós, pero tamén para o Liverpool
Duscher, Valerón e Irureta compareceron esta mañá ante os
medios informativos en 'O Mundo do Fútbol'. Estas foron as súas frases:
Duscher:
?O Liverpool seguro que vai vir a buscar o partido. Pero nós temos
que gañar. E para iso temos mañá unha linda oportunidade de facelo, na
nosa casa e ante un gran equipo?. ?A verdade é que en Riazor as cousas non nos están saíndo ben. Pero mañá
será distinto. É unha partido clave para manter a ilusión da liga de Campións?..
?Creo que o partido vai ser totalmente diferente ao do pasado domingo ante
o Albacete. O Liverpool vai saír a xogar ao fútbol e a nós dánllenos
mellor equipos que salga a xogar ao fútbol que aqueles equipos que só queren
defenderse?.
Valerón:
?É un partido moi importante porque se non gañamos, as cousas complícansenos
bastante? ?Non nos vai a custar cambiar o chip da liga á Champions. Levamos cinco
anos e estamos adoitados a iso. Debemos afrontar o partido con todas
as ganas?. ?O Liverpool é un equipo moi equilibrado e que defensivamente tapa moi ben
todos os ocos. Ademais na dianteira teñen xente rápida que xoga moi ben
ao fútbol?. ?A intención do Dépor é sempre a de xogar ben. O que ocorre é que ás veces
non saen as cousas como queremos. O sábado, por exemplo, o Albacete defendeuse
durante o noventa minutos?.
Javier Irureta:
?Manuel Pablo non entra na convocatoria porque aínda lle molesta un pouco as
costas? ?O partido é moi importante para nós pero tamén para o Liverpool.
Nós debemos gañar para superarlles na clasificación e para avantaxarlles
no golaverage particular entre os dous equipos? ?Creo que gañando os dous de casa estaremos aí, con moitas opcións. Aínda que
para iso debemos de gañar, e empezando polo de mañá ante o Liverpool?. ?O Liverpool é un equipo que presiona moito e ten un repregamento moi intenso.
Teñen unha moi boa condición física, cun ritmo alto de traballo. A calquera
rival xéranlle moitas dificultades?. ?Todos os partidos temos moita presión. Xa só co himno posche un pouco
nervioso?.