RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Jacques Songo'ou renova contrato

O gardameta camerunés, renovou o seu contrato co club por unha tempada con opción a unha segunda. O xogador, aos seus 36 anos, permanecerá vinculado á disciplina da entidade branquiazul polo menos ata xuño do 2001.

Jacques Songo'ou é internacional absoluto con Camerún. Participou no Mundial de Italia 90, no de Estados Unidos 94 e no de Francia 98. No seu palmarés figura 1 Copa da liga de Francia co Metz (96). Foi nomeado mellor porteiro de África 1996 e Trofeo Zamora na tempada 96-97 co Deportivo.

A renovación acaba de facerse efectiva esta noite na sede do Club na praza de Pontevedra