RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jaime fala de "boas sensacións" aínda que o vestiario vaise, segundo Villares, "con mal sabor de boca" pola lesión de Quiles

Jaime Sánchez e Diego Villares pasáronse pola zona mixta de Pasarón concluído o último partido de liga.

O central subliñou que "queriamos terminar ben a liga, queriamos gañar fóra de ABANCA-RIAZOR. O equipo deixou boas sensacións, merecemos máis pero non puidemos gañar. A esquecer, corrixir erros e centrarnos no playoff, que hai que celebralo tamén, que estamos aí e que temos a opción de subir".

Afirma que o rival no playoff, neste caso o CD Castellón, "era o que menos nos preocupaba. É un gran equipo pero xa estamos a pensar en gañar a eliminatoria".

Está convencido que o Dépor ascenderá de categoría e asegura que "imos traballar o máximo, a dalo todo".

Sobre Quiles, Jaime comentou que "estamos á espera de que se faga probas. Estamos todos preocupados. Dentro do malo esperemos que sexa o menos posible".

Pola súa banda, Diego Villares opina do partido que "na primeira parte custounos un pouco máis. Axustamos un par de cousas no descanso e na segunda houbo máis dominio e puidemos marcar algún gol máis".

Do dianteiro andaluz, confesa que "quedamos con mal sabor de boca. Acaba de pasar un mes amolado co golpe na cara. Agora estaba a volver a reaparecer e sábenos mal por el. Hai que esperar a mañá a ver que pasa pero que terminase así o partido preocúpanos".